Os espíritos do mar


Os espíritos do mar
empurran soños coas ondas,
e os soños a vogar
cara a outras terras
onde soños recollan.

Os espíritos do mar
en soños as ondas tornan
e cada onda co seu rachar
impregna de soños as rochas.

Os espíritos do mar
len os versos que non se mollan
e co seu leme os van a guiar
cara ás terras das lendas de outrora.

Os espíritos do mar
crean os ventos que sopran
e coa súa forza van a levar
o rumbo das botellas misteriosas.

Os espíritos do mar
humanos soños amontoan,
e cada onda é un soñar
varado nas nosas costas.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb