Os homes e mulleres verde fluorescentes



Nunha época na que os gatos eran normais inventouse una maneira de transformalos para ser verdes fluorescentes, e unha vez feitos, os pobres gatiños foron paseados dun lado a outro por todos os laboratorios. Os científicos dedicáronse a investigalos para ver se aparte da súa cor que relucía pola noite tiña algún outro efecto no seu organismo.

A cor non facía dano aos gatiños, ao contrario, cambiou o seu sistema inmunolóxico e eles volvéronse mais inmunes a unha enfermidade terrible; o VIH. Isto alterou a maneira dós científicos de afrontar a enfermidade nos humanos e dende aquela as diferentes probas e demais procesos desenvolvéronse con lentitude a longo dun lustro.

Xa estamos no ano 2018. A primavera é a que domina a nosa estación do ano. A vida dós humanos avanza grazas ao progreso, e pese ao estancamento e retroceso sufrido no ano 2008 (aquela crise global de primas de risco) xa imos remontando. Naqueles anos, e logo a comezos dá presente década, había unhas persoas que eran “inVIHsibles” aos demais, xente enferma e necesitada de fondos e axudas varias somerxidas no esquecemento que a sociedade lles impuxo por ter un virus letal nos seus corpos. Pero todo iso cambiou de súpeto. Os gatiños verde fluorescentes do pasado, neste novo futuro, permitiron que houbera humanos verde fluorescentes. Son humanos que o levar esa cor xa están curados do seu mal, pagan aínda a carga de continuar sendo diferentes por mor dun virus contraído no pasado, pero con algunha importante diferenza, están salvados. Están ben de saúde, agora, o seu sistema inmunolóxico si funciona ben. Xa son VIHsibles, ata pola noite.

Esa visión deste novo futuro descoloca moito as mentes, pois agora lévase iso de ser verde fluorescente. Inda a estar saudables; moitos xoves, e non tan xoves, sométense ao tratamento para ser verdes fluorescentes. A envexa do humano é moi mala, hai anos os enfermos de VIH (acrónimo de síndrome de inmunodeficiencia adquirida) eran inVIHsibles, agora que conseguen un tratamento para a súa cura e circulan pola rúas coma homes de boa saúde pero de cor verde fluorescente espertar a envexa noutros humanos ben sans, e veña, púxose o tema de moda. E como o mundo vai por modas, agora vese polas rúas unha mesturanza de persoas de diferentes cores, uns vense pola noite e os outros non. Uns son máis inmunes que outros por ser fluorescentes a terrible enfermidade que foi (agora si pódese dicir que xa está erradicada) unha lacra para a sociedade coma o VIH ou o SIDA.

Teño amigos verdes fluorescentes, xa eran mis amigos antes de selo, tanto antes de coller o VIH coma despois de telo, sempre serán os meus amigos pois a súa desgraza de ser seropositivos non tivo porqué distanciarme deles. Agora son eles os que teñen máis vantaxes, son máis visibles, son máis saudables, son máis inmunes. E eu alédome por eles, e por este novo futuro de homes e mulleres tan sans e verde fluorescentes, todo grazas a aqueles gatiños aos que lle foi trocada a súa xenética para resplandecer na escuridade. Eles deron a chave aos científicos para lograr cos humanos antes non vistos foran moito máis saudables, máis inmunes, e máis visibles.

Pero iso si, facerse verde fluorescente por facerse é unha parvada, pois é xa para toda a vida. Así pois, pensádeo ben, iso dás modas e moi pasaxeiro, logo xa non haberá volta atrás e brillaredes sempre na escuridade…


 Relato by Xurxo Gago Chao
anterior inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb