Segredos agochados



Hai segredos por descubrir
e mariñas furnas agochadas,
e recunchos e rapadoiras
e historias malfadadas.

Hai segredos por descubrir
nas nosas costas salgadas,
sábeno as vellas memorias
e os fondos das nosas augas.

Hai segredos por descubrir
de valentes fazañas arriscadas,
e bohemias crónicas melancólicas,
de pianos varados en praias.

Hai segredos por descubrir
de mares das augas bravas,
das mareas metamórficas
e de somerxidas montañas.

Hai segredos por descubrir
de embarcacións naufragadas,
o mar e as súas incógnitas
o mar e as súas ondadas.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb