O Ser de Luz

 

Xosé tiña o costume de acudir cada día ao piñeiral de Doniños e durante vinte minutos percorría ao trote o circuíto de terra para logo rematar realizando exercicios varios tombado no campo. Para finalizar facía varias carreiras rápidas. Ás veces se tombaba a descansar no campo boca arriba, mirando ao ceo. Xa chegara a noite, eran máis dás sete e media da tarde. Aquel día decidiu manterse tombado máis tempo do debido e durmiuse do cansazo. Cando espertou tiña as súas roupas húmidas, os refachos fríos de vento lle tiñan entumecidos os músculos ata o punto de que case non podía mover as súas pernas. Fixo un esforzo por elevar os seus xeonllos até que conseguiu manterse coas pernas flexionadas. Tremía de frío.

Ao levantarse viu algo no ceo que o detivo de inmediato, quedou perplexo ao ver unha luz cada vez máis grande e máis intensa. Aquela luz achegábaselle. Detívose fronte a el. Era un xigantesco círculo de luz dun metro e medio de diámetro, coma un enorme ser de luz. O resplandor non danaba os seus ollos, pero, á súa vez, o iluminaba cunha intensidade fascinante. Aquela luz dáballe calor. Ficou máis dun minuto coma aparvado, mirando para a luz, esta permanecía inmóbil a uns escasos metros del. Xosé tiña medo, non saía do seu asombro ao comprobar que aquela calor o vigorizaba de xeito milagroso. Non sentía cansazo, sentíase a gusto sendo iluminado por aquela luz tan acolledora. O medo desapareceu pouco a pouco ao sentirse cada vez máis consciente de que estaba a vivir un encontro con seres doutra dimensión ou doutro planeta.

Tras uns instantes eternos, a luz desapareceu nun pestanexar de ollos. O rapaz quedou perplexo. Levantouse dun salto e buscou polos arredores do lugar. Unicamente atopou escuridade. Dirixiuse ao seu coche. De camiño á súa casa non podía facer outra cousa que darlle voltas á escena que vivira, decidindo non llo relatar a ninguén para que non cresen que era un lunático fabulador. Despois daquilo comezou a investigar sobre aquel tipo de aparicións. Xa nunca máis sería o mesmo sabendo da presenza entre nós deste tipo entidades enerxéticas. Serían seres de luz ou extraterrestres?

Dende entón, Xosé acude ao piñeiral todos os seráns para cumprir coa súa cita diaria de exercicio. Dende aquel suceso tomou por costume ficar máis de tempo polos redores, esperando atoparse de novo con aquel estraño ser.


Preguntábase que tipo de entidades circulaban preto de nós:

- Están aí os seres de luz? Hai extraterrestres nas nosas terras? Alguén máis viviu esta experiencia? -Pensaba.
se di que existen. Chamáronlle a atención os “Orbs”: - Que era iso dos “Orbs”? Por que saían nas fotos? Chegou á conclusión de que non era o único intrigado por estes temas sobrenaturais. Era un máis dos moitos que presenciaran a un ser de luz. Soubo que este tipo de seres existen a miles, nesta e noutras dimensións.

Pero, isto, haberá quen o crea e haberá quen non.

Relato creado por Xurxo M. Gago Chao

anterior inicio seguinte
logoweb