Os Días Replicados


Sermos acaecementos
e lances acumulados,
sermos acontecementos
e azares continuados.

Bailamos ó son dos ventos
e dos días replicados
cada quen seus argumentos
cos seus ventos alugados.

Tornamos aos lamentos
que xa foran lamentados
e ós mesmos sentimentos
doutros tempos pasados.

Sermos ensimesmamentos
e cúmulos recontados,
silencios, recollementos,
pensamentos meditados.

Xantamos discernimentos
raciocinios cociñados,
os días son alimentos
pensamentos triturados.
 
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb