Camiñando con Miramento



Coidado!
Por aí fora mancan e feren
uns insensibles de carallo.
Por aí fora hai fogo cruzado,
poden ferirte sen habelo esperado.

Coidado!
Hai moito lercha,
moito pillabán enmascarado,
moito hipócrita malsán,
moito demo macabro.

Coidado!
Sempre hai alguén mancando,
sempre hai alguén manipulando,
hai moito espírito mal intencionado.

Coidado!
Diranche que está torto
un ferro recto que non está virado.
Diranche que é vermello
un anel do metal dourado.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb