Un Deus dentro de ti


Un Deus dentro de ti 

Hai un deus que está en ti
Un apoio vital no teu interior
Unha forza suprema que che guía
Un alento perpetuo que che fortalece
Unha conexión cuántica que che dota de intuición
No teu interior está o teu alén
Dentro de ti hai xoias valiosas e prezados tesouros
Hai outro ti dentro de ti que che axuda
Hai un ser sublime e prodixioso que loita polos teus soños
Hai un poder ancestral a túa disposición
Hai algo inalterable no teu interior que che dota sabedoría
Hai un algo inefable que che impulsa e motiva
Dentro de ti hai un deus que es ti
O teu eu é sagrado, inviolable, unha enerxía perfecta
Dentro de ti hai un mundo divino
Rexido pola túa conciencia de ser
Hai un multiverso de infinitas dimensións
Hai entrelazamento co teu verdadeiro eu
Que ninguén corrompa a túa divindade!

 Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb