Sés: Luz [Letra de Luz Fandiño]


Luz
Eu son da clase dos poetas
descoñecidos e ignorados
para os que nunca se fixeron premios
nin nunca son publicados
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
Son a poeta de aqueles 
aos que todo lles foi negado
Eu son a poeta de aqueles
que sobreviven do emprestado
a poeta analfabeta
a poeta dos desherdados
Eu son a poeta de aqueles
aos que todo lles foi negado
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
Eu son a poeta de aqueles
que sobreviven do emprestado
para os que non se fixeron premios
nin nunca son publicados
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
son a poeta de aqueles
aos que todo lles foi negado
Quero sangrar as feridas
para liberar as miñas arterias
non quero facerme escrava
da ponzoñosa das xenreiras
quero sentir como penetran
polos ríos das miñas teas
o vivificante arrecendo
das vosas primaveras
Abrazarei a miña morte
sen remordementos
eu trouxen a vida
e nada dela levo.

Poema de Luz Fandiño


Sés [Mª Xosé Silvar] 

Canción Luz [Letra de Luz Fandiño]


anterior inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb