Viran as chaquetas
como viran do muíño as aspas.
Viran as ideas coma
as hélices metálicas.
Voan as ideoloxías
coma lixeiras bolsas plásticas.
Búscase o sol quente
tempos de frío enchente
e realidades pouco prácticas.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao



Debátese, e á vez disparátase, e mentres a coherencia escápase. Logo esquécese e vótase. E ao son dun hipócrita poder, báilase. 
 

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Estanse evaporando
os tempos democráticos
e vanse aniquilando
os principios máis pragmáticos.
Estase camiñando
por camiños moi erráticos
e vaise chegar ao destino
de vivires problemáticos.
Moitos recortes básicos
nestes tempos pouco lóxicos
de orzamentos burocráticos.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Tirarei de ti,
cando vexa que non podes.
Axudareiche a avanzar,
nos teus momentos peores.
E animareiche;
con apertas, con bicos,
e con mimos doces.
Ti escoitas o que digo,
e cando teño frío dásme abrigo.
Un tira do outro,
o outro tira dun.
Un tapa ao outro
e o outro tapa a un.
O amor é un ben común
que da equilibrio.


Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb