Agasallo é un bico,
é unha aperta,
é unha visita a porta aberta,
é agarimo a quen se queira,
é un reencontro fortuíto,
é calquera axuda sinxela,
é un gozo para o espírito,
é unha ilusión á primeira,
é un feito de amor fidedigno,
é unha vivencia moi tenra,
é agradecemento infinito,
é un perdón que se acepta,
é saber querer e con iso xa ben chega.

Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao
 


Fasme graza
cando me adulas
meniña;
algo quererás,
ti non soltas un bico
tan axiña,
pois se algo queres
ben cedo mo das.



Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao 


Dou agarimo a quen o desexe,
un agarimo que protexe.

De agarimo nunca enchido,
canto mais veña, máis vivo.

Non esquezo o cariño recibido
ollos de amor resplandecentes
que me teñen atendido.

Teño agarimo para repartir,

sorrisos, bicos a moreas
e centos de apertas por cinguir.


Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


- Sospeito que te ris
cando eu che digo algo
pois mírasme e nada me dis.
E os teus beizos sorriseiros
parécenme tan verdadeiros
que ei de bicalos se queres ti.
¿Que me dis?

- Non digo nada,
risa dáme a túa parrafeada,
inda que se por rir son bicada,
eu con un bico feliz.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb