Vou a esburgar os ourizos,
castañas vou recoller,
comereinas asadas,
mañá heinas de cocer.
Que ricas son as castañas!
Carbohidrato, ferro e potasio,
fósforo, sodio e calcio,
proteína e auga,
fibra, magnesio e cobre,
un froito moi nobre
que reverdece as entrañas.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Bacallau
Xurelo
Castañeta
Bonito
Solla
Faneca
Raia
Linguado
Robaliza
Xarda
Troita
Lamprea.
Ollomol
Polbo 
Lura
Rapante
Sardiña.
Rica Galiza
Leña á cociña!
Veña cachelos,
bolo do pais
e viño polo menos.
Toda unha ledicia!


Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


O quen non queira caldo
 que non o tome!
Que non tome nabizas,
 nin patacas, nin fabas, nin carne.
Todo xunto máis o unto.
O que non queira caldo non come.
Para os demais queda o asunto!

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb