- Que fas corazón?
- Estou latexando?
- Latexas sangue ao mellor?
- Latexo sentimento
e sangue vou bombeando?
- Saberás o que é o amor?
- Ti me estás vacilando!
-Non, ouh! Estou preguntando.

- O amor para min é tolear,
pois a mente é un non parar,
e veña a bombear,
non o podo remediar
e nada podo facer,
so de verte miña Nena
póñome a tremer.

- Seino ben,
cando ti sentes amor
eu revoluciono coma un motor
e tamén latexo a máis de cen.

Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


- U, e ese ve?
- E se non ve a ti que mais che da?
- Non ou, dicía se usas o USB para descargar?
- Eu para descargar uso outra cousa que ben me vai.
-Moita sorna tes?
- E ti moi cotilla es?

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao

- Por que carallo escribes,
tanto tes que dicir?
- E logo,
¿ti non vives?,
a escritura é vivir.
- Poden entenderte mal.
- Iso a min dáme igual,
de moitas maneiras
enténdense as cousas
pode haber razóns sobradas
ou razóns moi frouxas,
pero a única regra é a moral.
- Es varudo ti.
- Son teimudo, si.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb