Dimo a min,
que non esquecín
moitas dás cousas que vivín.

Que che vou dicir a ti,
pois ben sabes da túa vida
e do que che tocou vivir.

Ben sabe cada quen
do seu sufrimento hipotecado
co interese ao cen por cen.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao


- E ti que tal vas das túas doenzas mentais?
- Eu, vou indo.
- E que fas para estar normal?
- Eu non fago nada, e logo?
- Agora ata vas sorrindo.
- E sorrir é non ir mal?
- Non se che nota a tolemia,
coma senón existise xamais.
- Ti cres que a mente é un xogo?
- Non tal.
- Aínda que me vexas morno
cun sorriso nos meus beizos
na mente está o trastorno
e no corazón os feitos.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb