Falo e calo.
Calo e falo.
Se falo non calo,
se calo non falo.

E escoito, 
inda que non entenda moito.

E de novo calo.

E se non comprendo
 pregunto e falo

Atendo o explicado.
Lembro o escoitado.
Sorpréndome do falado.
Asimilo o non asimilado.

E tomo nota do anotado.

E calo actúo e falo.
E falo actúo e calo.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Persoalmente, 
se envío un sorriso
espero outro de volta,
espero unha simpática
simbiose perfecta
entre boca e boca.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Agradézoche a túa atención cara a min,
acostumáchesme mal.
O día que non me atendas
poderei estar perdido
e por non terme atendido
pasareino fatal.
Quero entenderche sen fin
aínda que ti non me entendas

adoezo por estar contigo.

Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


Nestes tempos de cogombros
está revolta a sociedade
farta da mediocridade
do poder establecido.

Ferve o pobo,
vese a incredulidade,
síntese a necesidade
dun sistema corrixido,
dun sistema novo.

Algo cambiarán?
Uns marchan outros tal virán
mentres os demais empobrecen.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb