Sabios consellos, ás veces, 
reflicten coma espellos
 as cousas que non vemos.
 Algo hai que se nos vai 
e se ninguén nos avisa perdémolo. 
Sabios consellos; ás veces, laian, 
e se deixa que se vaian 
para o ben dos erros vellos. 
Mais algo hai que se nos vai 
e se ninguén nos avisa perdémolo.
 Sabios consellos, ás veces,
fan que espertemos
 a troita vella que temos
 e o necio encrespamento
 polos consellos que escoitemos.
 Sempre algo hai que se nos vai
 e se ninguén nos avisa perdémolo.

Poesía creda por Xurxo M. Gago Chao


Cabo de ano, 
tempo foi,
erro humano,
 xustiza non.
Cabo de ano, 
lembranza e dor,
mentiras e enganos,
 amianto e vapor.
Cabo de ano, 
negras cores,
honra e flores,
 xustiza non.

E logo, Xustiza, non chegas?
E acaso, faste esperar?
Que che faltan as evidencias?
Nalgúns casos hainas e tardas igual.

Ou, ti, ¿xustiza te chaman?
Non digas, non digas, que tal.
Despois dunha inxustiza anos pasan,
unha eternidade para un xusto xulgar.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Estanse evaporando
os tempos democráticos
e vanse aniquilando
os principios máis pragmáticos.
Estase camiñando
por camiños moi erráticos
e vaise chegar ao destino
de vivires problemáticos.
Moitos recortes básicos
nestes tempos pouco lóxicos
de orzamentos burocráticos.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb