A vida vai a ratos;
pódese cantar chorando,
chorar escoitando cantar,
pódese amar amando,
amar cantando e chorar.
Pódese chorar sorrindo
amar, rir e soñar,
pódese cantar soñando,
soñar cantando ao espertar. 
A vida vai a ratiños
para vivir, sentir e amar.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Pasei preto dun río
enchido pola chuvia
e observei o seu caudal
e a súa abráiante furia.
Escoitei os fortes sons
das augas e das burbullas,
seguín as correntes súas.
Atopei pequenas fervenzas,
pequenos desniveis,
desniveis de distintas alturas,
un fervedoiro perfecto
creado pola natura.
O ambiente repousado
de manifesta humidade
calou aos meus osos
e tiven que resgardarme,
chegaba a noite
xa se vía a lúa.


Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


Falo e calo.
Calo e falo.
Se falo non calo,
se calo non falo.

E escoito, 
inda que non entenda moito.

E de novo calo.

E se non comprendo
 pregunto e falo

Atendo o explicado.
Lembro o escoitado.
Sorpréndome do falado.
Asimilo o non asimilado.

E tomo nota do anotado.

E calo actúo e falo.
E falo actúo e calo.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Aínda haiche xente boa,
 xente que paciente escoita
e comprensiva razoa.
Éche xente corrente,
pero xente encantadora.
Pero haiche xente que non escoita
o que se lle estar a explicar
pois non son quen de escoitar;
nin de comprender, nin de razoar.
Non son para conversar
senón para ditaminar.

Poema creado Por Xurxo M. Gago Chao


Hoxe vai de incomprensión.
Falar fala calquera pero o de escoitar non.
Haiche quen expón sen condición,
e haiche quen expón
para esixir logo a súa realidade.
Hoxe vai da verdade.
Hoxe vai de entendemento,
de baixar o volume da voz,
de intentar un achegamento
a unha razón con corazón.
Vai de escoitar as palabras,
vai de forte tesón,
por non impoñer as bravas
unha pretoriana razón.



Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


Nin porfía refulxente,
nin envexa reflectida,
eu escoito á vida.
Nasalizando
 fálolle a xente 
co meu nariz prominente.
Vou sen complexo nin ferida
camiñando consecuente.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb