De súpeto,
nun sinxelo día,
remataran os versos
que quixeran ser poesía.
E alí fican,
na outra dimensión da escrita,
esperando a seren xulgados
ou esquecidos de por vida.

Versos de Xurxo M. Gago Chao


Narra contos o contiñeiro
sobre amores moi loitados,
sobre feras, sobre bestas
e sobre tiranos malvados.
Sobre fadas e deidades,
sobre mouros dos nosos lares
nos bosques enfeitizados.
Narra feitos moi reais
ou feitos imaxinados
en lugares terreais
ou en ceos coloreados.
Os contos do contiñeiro
narrados na nosa fala
fan mais doce a súa historia
cando é narrada.

 Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
logoweb