Maltrátase, férese,
úsase a dor como arma.
Láiase, insúltase,
saen contusións na alma.
Doen as accións tiranas
que arrincan as liberdades
das persoas humanas.
Violencia da desigualdade,
violencia pretoriana,
home que pega a muller
nin é home nin é nada,
muller que pega a home
tamén é violencia macabra. 

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Viran as chaquetas
como viran do muíño as aspas.
Viran as ideas coma
as hélices metálicas.
Voan as ideoloxías
coma lixeiras bolsas plásticas.
Búscase o sol quente
tempos de frío enchente
e realidades pouco prácticas.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Sucesos lacrimóxenos
irritan os nosos ollos
coma a picante cebola,
 laian os pensamentos
tralos sucesos patolóxicos
nunha sociedade tola.

Caese nun decaemento,
decaemento case lóxico
polo inminente futuro
que chega e afoga.

O sentimento positivo
non supera o negativo,
caen versos críticos
 dun xeito imperativo,
a vida chora que chora.

Vese ao lonxe unha abertura,
abertura de esperanza nova;
quen pode, se quere, a toma.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Ti es do que non hai;
deixas as migallas polo chan,
o armario coa roupa enguedellada,
o vertedoiro salpicado,
a tixola mal fregada.
E mellor non fagas nada!
Deixas os alzadeiros abertos
e o quentador da auga acendido,
deixas todo alborotado.
Tes os sentidos espertos,
ou é que non das aprendido?
Charqueira da auga 
e o chan mollado,
secalo custa traballo?
E ti que non dis nada,
que ris e quedas calado?
Vaia home do carallo!

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb