Rachas de promesas
se dirixen a toda presa
cara as augas de ultramar,
fóronse da terra na que naceran
cara unha morte no fondo do mar.
Ondas cheas de inxenuidade
golpean as nosas costas
intérnanse nas cidades,
e non paran de mollar.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Haiche moitas mensaxes,
 tantas ideas como traxes
e de sobra inconformismo.
Haiche variadas relixións,
multitude de opinións,
pero carencia de comprensións.
Haiche moito cinismo.
Haiche moita imposición,
haiche moitas batallas
entre as moralidades e as razóns
que levan ao abismo.
As mensaxes son a clave
o difícil son as súas recepcións.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Serve a ideoloxía
para definir bandos na vida,
cada un deles coa súa porfía.
Ideais educados á vontade.
Ideais libres con ou sen maldade.
Ideais perdidos.
Ideais impostos.
Ideais da necidade.
Ideais freados.
Ideais macabros.
Ideais colaboracionistas.
Ideais positivos.
Ideais realistas.
Ideais vivos.
Ideais corporativistas.
Ideais naturalistas.
Sobran ideais e sobran idealistas,
faltanboas ideas
e sobran protagonistas.

Uns din que é negro,
outros esbrancuxado,
eles que está torto
e aqueles que está virado.

Unha feira o das ideoloxías
afrontas todos os días.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb