Rachas de promesas
se dirixen a toda presa
cara as augas de ultramar,
fóronse da terra na que naceran
cara unha morte no fondo do mar.
Ondas cheas de inxenuidade
golpean as nosas costas
intérnanse nas cidades,
e non paran de mollar.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Trocou a túa voz,
xa é dun agudo soave.
Xa cantas novas cancións
e xa sabes novos bailes.

Vas perdendo a túa inocencia,
o teu razoamento madura.
Vives novas sensacións,
miña nena criatura.

Non perdas a túa inocencia,
nesta vida mais ben dura,
onde abondan os nubarróns
e as noites claras e escuras.

Nunca perdas a túa dozura
nesta vida mais ben ruda
enche os teus ollos de amor
ante as decepcións futuras.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb