Praia de Augas Santas tamén coñecida como praia das Catedrais.
[Parroquia da Devesa, concello de Ribadeo, Lugo]
Fotografías realizadas por © Xurxo M. Gago Chao
Nikon D3100


Nun anoitecer na ría
vin a estela que a lúa pintaba
e quixen recordar con ela
vellas singraduras 
de cando eu navegaba.
Noites estreladas 
de brisas mariñas
Noites de plenas luadas.
Noites de treboadas
e de fortes marexadas,
de ondas montañosas
e de sacudidas bravas.
Noites mariñeiras 
de cubertas molladas,
de fortes desexos 
de chegar a casa.
Xa en terra 
queda a lembranza
dos agridoces vivires 
no mar das ondas salgadas.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Tempo de lecer,
tempo de ouro,
tempo libre
prezado tesouro.
Tempo de lecer
para ler e descansar,
para poñer os pes na terra
ou todo o corpo no mar.

Versos creado por Xurxo M. Gago Chao


Mergúllome axiña
na frías augas da nosa terra,
boas para a circulación
e para o corazón,
até para a morriña.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb