Non sei nin quero saber
cousas de paroladas
e de mal meter.
Falacias pode habelas
mais eu non quero sabelas,
cada quen é cada quen.
Non quero rumores
con ou sen fundamento
sempre prexudican a alguén,
nin quero escoitar
murmuracións fachendosas
faladurías caprichosas
que enturban as vidas nosas.
Quérese ver o mal
e fálase del,
ignórase o ben
do que non fala ninguén.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Sonche moitos os agoiros
 inda máis os paroleiros,
abondan os agoireiros
que agoiran os sucesos todos.

Sobra incredulidade
por ver unha realidade
que o mellor si pode ser?

Sobra moita sapiencia
moita mastrugallada?
Sobra moita prepotencia
enchida de aborrecer?
Sobra troita aparrulada
por facer e desfacer?

Sonche moitos os agoiros!
Moita paciencia hai que ter!

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb