De súpeto,
nun sinxelo día,
remataran os versos
que quixeran ser poesía.
E alí fican,
na outra dimensión da escrita,
esperando a seren xulgados
ou esquecidos de por vida.

Versos de Xurxo M. Gago Chao

Nun momento sinxelo
 unha ringleira tras doutra
van saíndo versos novos
do poeta paroleiro.
Escribán ceibe repousado
que mira o ceo deitado
ás nubes que vén e van.
Escritor garabulleiro
que escribe os seus sentimentos
volteando os pensamentos
para que poidan rimar.

Poema escrito por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb