Haiche quen non atura
outras formas de pensar
dedicándose a emporcallar
para impoñer sempre a súa.
Haiche moita necidade,
pouca morallidade
e moita ditadura.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Vese o mal e vese o ben
no rostro de quen o ten?
Os feitos de cada quen
sentencian o que se é?

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb