Camiña o romeiro
no seu máxico camiño
na compaña dós espíritos queridos
peregrinando a San André de Teixido.
Apoiase no seu bastón.
Ten máxica paisaxe
ata chegar o seu destino,
cos pés fundidos
pero de coraxe enchido
na súa peregrinación.
Centos de bechos
pode que almas reencarnadas
peregrinan cara santo
para sentírense liberadas.
Camiño vello cheo de mámoas,
de círculos líticos
e menhires en chairas.
Coidado cos mouros,
xigantes, e ananos
que vixían tesouros
nos bosque lendarios,
pois fanlle aos romeiros
feitizos varios.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Haiche moitas mensaxes,
 tantas ideas como traxes
e de sobra inconformismo.
Haiche variadas relixións,
multitude de opinións,
pero carencia de comprensións.
Haiche moito cinismo.
Haiche moita imposición,
haiche moitas batallas
entre as moralidades e as razóns
que levan ao abismo.
As mensaxes son a clave
o difícil son as súas recepcións.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Dende o alto da montaña
na ermida de Chamorro
prenderei a miña candea
para que se cumpra un soño.
Deixarei que a virxe me vexa,
rogareille ben se podo,
quizais escoite o meu desexo
e o tente cumprir todo.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Ninguén ten dereito a moufarse
dunha crenza ou dunha relixión,
cada quen co seu entendemento
e co seu convencemento
e coa súa teimuda razón,
quen manda é o corazón.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb