A modiño na vida,
sempre con prudencia,
sempre con coidado.
Adiantarse os feitos
é falta de paciencia
desvía do real camiño
e da ruta da elocuencia.
Hai que andar paseniño
cada avance é unha consecuencia.


Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


Ben se sabe onde estabamos
naqueles anos pasados
naquelas importantes datas
dos inesquecibles calendarios
pois os círculos vermellos
sinalan os sucesos marcados
e quedan na mente impresos
e na memoria trabados.
Ben se sabe dos días que van
e dos seus sentimentos xerados.
Ben se sabe que non esmorecen
os tristes feitos lembrados.


Poema creado por Xurxo M. Gago Chao




Repetímonos de maneira cíclica
cos mesmos xestos
e coa mesma mímica,
cos mesmos feitos
e coas mesmas dichas.

Repítense de maneira cíclica
os mesmos sentimentos
e as mesmas políticas,
as mesmas representacións
e as mesmas películas.

Repítense de maneira cíclica
os mesmos chamamentos
e as mesmas razóns perdidas,
as mesmas situacións,
as mesmas indiferenzas coñecidas.

Repítense desilusións
repítense alegrías,
repítense de maneira cíclica
novos desexos para novas vidas.


 Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Dende hoxe trinta santos
cara o final do ano,
xa pasaron moitos outros
ademais dalgún diaño.
Xa se foi tempo pasado
transcorrido e esquecido,
xa estamos nese presente
que vai pasar de corrido.
E xa no mes de decembro
vaise o outono
 vén o inverno,
ven máis sentimento frío
recollemento caseiro,
e chegará o aninovo
xunto a un xélido xaneiro.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


As palabras saen soas
cando o sentimento as guía
pero a cordura filtra moitas.
Na consciencia se fabrican
e no corazón se montan,
 pola vea circulan
até saír pola gorxa.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Na busca da ventura
está o ventureiro
mentres turra que turra
coa súa vontade de aceiro,
quere enfrontarse o risco
e chegar a xalundes lixeiro,
 desprenderse do innecesario
para sentirse máis verdadeiro.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao


Encántame xogar
coma un meniño pequeno
e vivir o sentimento
dun divertimento eterno.
O encanto do sorriso tenro
evadido deste mundo inferno
nunha viaxe imaxinaria
a outro mundo etéreo;
faime sentir máis vello.
Máis lonxe vese
a inocenciaque tivemos,
o rastro da luminescencia
que o pasar o tempo perdemos.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Dálle a túa gorxa unha boa aturuxada
no medio da troula e da pandeirada.

Haiche quen non da feito
o de aturuxar con xeito!

O aturuxo é artesanal,
haiche quen berra ben
e haiche quen berra mal.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Tes zume
logo espreme,
sácalle o teu xugo
a túa alma alegre.
Deixa de mirar a vida
polo lado que mais fere,
e fixa a túa vista
polo lado que florece.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Hai cordas que nos suxeitan,
unhas cordas invisíbeis
que ás veces non nos deixan
e se queremos voar
por elas ficamos en terra.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao


O esforzo pagou a pena
cando se ve o resultado,
cando se mira o pasado
dende o xusto momento
no que remata o traballo.
Pero moito esforzo queda
para manter o traballado
e loitar contra as inclemencias
que impón o ser humano.

Poesía creado por Xurxo M. Gago Chao


Feitos que vos repetides
 o voso propósito cumprides.
Feitos noutrora esquecidos
 de novo son revividos
para lembrármonos deles.
A mente nunca esquece
os sentimentos sufridos 
pois nunca desaparecen.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao
.


Mergúllome axiña
na frías augas da nosa terra,
boas para a circulación
e para o corazón,
até para a morriña.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao



Cando estou en Verdes
 e escoito as fervenzas,
músicas do río Anllóns,
énchome de orgullo
 por ser da terra da que son,
terra chea de sensacións.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao



Dou agarimo a quen o desexe,
un agarimo que protexe.

De agarimo nunca enchido,
canto mais veña, máis vivo.

Non esquezo o cariño recibido
ollos de amor resplandecentes
que me teñen atendido.

Teño agarimo para repartir,

sorrisos, bicos a moreas
e centos de apertas por cinguir.


Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


Dimo a min,
que non esquecín
moitas dás cousas que vivín.

Que che vou dicir a ti,
pois ben sabes da túa vida
e do que che tocou vivir.

Ben sabe cada quen
do seu sufrimento hipotecado
co interese ao cen por cen.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao



Unha monodia
un cántico a unha soa voz
unha melodía solitaria
cada quen coa súa canción
co seu chamamento
e co seu son
cada quen coa súa sintonía extraordinaria.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao



Desexos ao longo dun ano
novos sentimentos virán
novas penas, novos enganos
novos soños para alcanzar.
Novas metas, novos retos
novos sentires chegarán
novos gustos, novos sustos
novos ánimos inquedos
novas bágoas por chorar.
Novos sorrisos, novas ledicias
nova vida por fabricar.


Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb