Cousas de importancia
 das que non se fala
son suplidas por trangalladas
que non levan a nada.
Evádese
 unha parte da realidade
e déixase afastada
 con necidade
porque convén noticia mala.
E hai outros silencios
silencios de importancia
de gobernos agochados
e de macrabros programas.
Falarase de medos
 que antes non estaban
moreas de novas inventadas
e periodismos controlados,
e protestarase
para que nos devolvan
as realidades roubadas.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Falo e calo.
Calo e falo.
Se falo non calo,
se calo non falo.

E escoito, 
inda que non entenda moito.

E de novo calo.

E se non comprendo
 pregunto e falo

Atendo o explicado.
Lembro o escoitado.
Sorpréndome do falado.
Asimilo o non asimilado.

E tomo nota do anotado.

E calo actúo e falo.
E falo actúo e calo.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Amúo coma amortuxado
cando cómpre estar calado.
Cando a vida pide silencio,
calo, e no silencio me instalo.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb