Soan xentes a unha soa voz
ante a avaricia feroz
dos que empobrecen a Galiza.
Soan cántigas reivindicativas
por unha vida máis xusta
e mellor repartida.
Soan berros de farturas
dos espíritos loitadores
que loitan berrando nas rúas,
defendendo o seu sustento,
 reivindicando vida. 

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Ás veces non sae
e vese moi mal a cousa,
dálle que dálle,
e sae unha dificultade nova.

Quérese avanzar
coma unha locomotora
pero vaise a modiño
pola desilusión adulteradora.

Pero chegará a hora,
e sairá, avanzarase,
por iso é bo empeñarse
teimando coa forza toda.


Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Inda que estea o corpo acomodado
ten que estar preparado
para que dun brinco ben dado
facer unha boa reviravolta
e quedar erguido e ben plantado
ante calquera dor ou afronta.

Inda que estea o corpo relaxado
desta vida non se fía,
tentará ter un ollo chiscado
mentres có outro vixía.

  Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao



O esforzo pagou a pena
cando se ve o resultado,
cando se mira o pasado
dende o xusto momento
no que remata o traballo.
Pero moito esforzo queda
para manter o traballado
e loitar contra as inclemencias
que impón o ser humano.

Poesía creado por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb