Nuakchot - Capital de Mauritania (Ano 2003)

Fotografías realizadas por Xurxo M. Gago Chao


Vívense momentos xa vividos
as paramnesias son frecuentes,
din que son cousas da química
sensacións xa vividas anteriormente.
Ou o mellor si se viviron realmente
e houbo saídas do corpo
en viaxes astrais co inconsciente?
Ou se tal son invencións da mente.
Repetidas realidades parecen.
Si ou si; o xa visto, ou, “Déjà vu”
que din os franceses.

 Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Nun anoitecer na ría
vin a estela que a lúa pintaba
e quixen recordar con ela
vellas singraduras 
de cando eu navegaba.
Noites estreladas 
de brisas mariñas
Noites de plenas luadas.
Noites de treboadas
e de fortes marexadas,
de ondas montañosas
e de sacudidas bravas.
Noites mariñeiras 
de cubertas molladas,
de fortes desexos 
de chegar a casa.
Xa en terra 
queda a lembranza
dos agridoces vivires 
no mar das ondas salgadas.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb