Luz
Eu son da clase dos poetas
descoñecidos e ignorados
para os que nunca se fixeron premios
nin nunca son publicados
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
Son a poeta de aqueles 
aos que todo lles foi negado
Eu son a poeta de aqueles
que sobreviven do emprestado
a poeta analfabeta
a poeta dos desherdados
Eu son a poeta de aqueles
aos que todo lles foi negado
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
Eu son a poeta de aqueles
que sobreviven do emprestado
para os que non se fixeron premios
nin nunca son publicados
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
son a poeta de aqueles
aos que todo lles foi negado
Quero sangrar as feridas
para liberar as miñas arterias
non quero facerme escrava
da ponzoñosa das xenreiras
quero sentir como penetran
polos ríos das miñas teas
o vivificante arrecendo
das vosas primaveras
Abrazarei a miña morte
sen remordementos
eu trouxen a vida
e nada dela levo.

Poema de Luz Fandiño


Sés [Mª Xosé Silvar] 

Canción Luz [Letra de Luz Fandiño]



As irmás e o irmáns enxebres da fala diante do Ideal Room 11/02/2017.
O sábado 11 de febreiro a Novísima Irmandade da Fala cruñesa celebrou en Ferrol un acto galeguista para conmemorar o mitin que 100 anos antes organizara o Comité de aición galleguista da Hirmandade da Fala da Cruña.
Os bo e enxebre ferrolán, Sr. Gago, e as xentes da Fundaçom Artábria emprestaron todo o seu apoio facendo un patriótico esforzo para difundiren a celebración deste acto. As irmás e o irmáns enxebres da Cruña saíron da estación de San Cristovo no tren das 10:50 horas e comezaron a lenta viaxe no convoi. O Sr. Osorio lembrou o anuncio do acto que publicara A Nosa Terra o 6 de xaneiro de 1917 e as verbas de Antón Villar Ponte que convidaba as galegas a se esquecer dos localismos para abrazar o galeguismo. Prosegiu a marcha ao ritmo de cancións da terra.

No apeadoiro de Infesta o Sr. Rodriguez Palleiro reivindicou con vehemencia a colocación dun «by-pass» que traguería a esa liña ferrea a altura dos tempos. O Señor Souto ilustrou a parada en Betanzos lembrado a anécdota contada polo lehendakari Ibarretxe de como Foucellas deixou patacas na porta do seu avó, desterrado nesa parroquia coruñesa, para axudalo a sobrevivir o seu primeiro inverno galego. Na parte final da viaxe as regueifeiras comezaron unha fera guerra que finalizou sen consecuencias.
Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña. Deseguido comezou un roteiro que levou aos galeguistas polo centro de Ferrol.
O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en 1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O sr. Dobarro, catedrático de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol.
A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa terra. Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room, lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar. Despois da imprescindible fotografía de familia dirixiron os seus pasos a Fundaçom Artabria onde se lles agasallou c'un esprendido xantar. Á hora do café Manolo Bacalhau deleitou as irmás con algunhas das mellores pezas do seu repertorio e o gaiteiro, as pandereteiras e o tambor uníronse as voces das asistentes para intepretar temas da nosa música e voltou a incruenta batalla das regueifas. Para rematar o acto a Sr. Ramiro e a Sra. Fernández e a señora Rosa Martínez recitaron versos ademirables. O Sr. Gago (pai) interpretou de memoria a peza A Princesa, dos Irmáns da Fala Charlón e Hermida.
Antes de partir do local de Artábria todos os enxebres presentes entonaron o himno galego para pechar unha xornada enxebre que non esqueceremos endexamais.
Até o tren acompañaron os irmáns e as irmás coruñesas e moitos amigos e amigas de Ferrol. Cando arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a Ferrol e A Coruña e a despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.

Debuxo realizado polo compañeiro Roberto Illas Sisargas, para conmemorar a ocasión.


Reportaxe fotográfica de Esperanza Vázquez Dopico, na Conmemoración da visita da Irmandades da Fala da Cruña a Ferrol 11de febreiro de 1917 - 11 de febreiro de 2017. Roteiro histórico polo centro de Ferrol. Organizaron: Colectivo Literario In Nave Civitas e Fundaçom Artabria.
Música: A Quenlla - Manifesto de Lugo.


Reportaxe fotográfica de Conmemoración da visita da Irmandade da Fala da Cruña a Ferrol 11de febreiro de 1917 - 11 de febreiro de 2017. Xantar Popular de enxebres do Colectivo Literario In Nave Civitas e da Fundaçom Artabria no seu local social de Esteiro en Ferrol.


Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña. Deseguido comezou un roteiro que levou as galeguistas polo centro de Ferrol. O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en 1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O Sr. Dobarro, catedrático de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol. A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa terra. Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room, lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar, o salón de amboaxe. Despois da imprescindible fotografía de familia no edificio do emblemático hotel Ideal Room dirixiron os seus pasos a fundaçom Artabria onde se lles agasallou c'un esprendido xantar. Até o tren acompañaron as irmás coruñesas moitas amigas de Ferrol. Cando arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a Ferrol e A Coruña e a despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.


"A Memoria das Pedras" Roteiro Homenaxe a Milucho Mariñas organizado polo Colectivo Poético Literario In Nave Civitas Lugrís o domingo 06 de setembro de 2015. Unha marabillosa e emotiva xornada homenaxe ao mítico e benquerido Milucho Mariñas.

Fotos e video de Xurxo Gago.
Música de Lenda Ártabra: Mariñeiros do Mar.

 

Hemeroteca Milucho:
Roteiro da man de Milucho e Xurxo Souto
O luns 28 de maio tivemos a sorte de facer un roteiro polos arredores da Torre de Hércules da man de Milucho Mariñas, un experimentado percebeiro, que aínda estando xa retirado do oficio segue a ter unha gran paixón polos percebes.
Milucho fixo un pequeno recorrido polas rochas percebeiras máis importantes que había nos seus tempos; así como daunos a coñecer os lugares máis perigosos da costa coruñesa onde houbo máis naufrasios e lamentablemente falecementos. Algunhas das rochas máis citadas por el son: a vaca, o boi, o becerro, coitelos de mar, o altar, a corredoira, o redondo... Ademais grazas aos seus coñecementos podemos citar palabras como meixón, a cal non aparece no diccionario e que significa; rocha que en preamar está cuberta pola auga e en baixamar queda á vista.
Para Milucho ser percebeiro non era un traballo senón unha afición, no que podía pasar horas e facer longas viaxes en lanchas de remos para poder coller percebes. Contounos anécdotas e historias, como a de ter que ir ás agachadas sen que os visen os centinelas que estaban a vixiar na zona militar, correndo o risco de ser arrestado e mesmo ir preso.
Nada máis decir que me gustou moito este roteiro e que aínda queda pendente poder rematalo podendo contar de novo coa presenza e compaña de Milucho Mariñas sen deixar de lado tampouco a Xurxo Souto que tamén nos acompañou en todo o roteiro. 
Fonte: http://viacala.blogspot.com.es/2012/05/roteiro-da-man-de-milucho-e-xurxo-souto.html

Xurxo Souto entrevista a Emilio "Milucho" Mariñas (Memoria do Club do Mar, da Agra de San Amaro e de todos os lugares darredor da Torre. Técnicas de marisqueo e xentes do mar): 

Fallece el histórico percebeiro Milucho Mariñas

http://www.radiocoruna.com/articulo/informativos-radio-coruna/fallece-historico-percebeiro-milucho-marinas/20140827000000017554.html

 As pedras do Mar da Torre: 

 https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=zZ18B2QHBlhE.k17jJ3iz5E4Q


I Roteiro Poético - Musical polo litoral de Arteixo. Un estupendo encontro do que saiuse ás 11 da mañá desde o inicio do paseo maritimo arteixán (a carón da cheminea de Sabón) e cara a Valcovo. Unha maravillosa experiencia organizada pola Asociación Cultural Monte da Estrela e polo colectivo literario In Nave Civitas onde mulleres e homes poetas recitaron poesía e outros textos fronte as costas arteixáns. Non faltou a música da gaita para acompañar neste belo roteiro. 

Avante na Defensa da Pesca Responsable e Artesanal

Encontro artístico reivindicativo da pesca artesanal responsable celebrado o domingo 5 xullo de 2015, coa participación de diferentes artistas plásticos e visuais, poetas e músicos creando en directo durante a xornada.



Fotos e Video by Xurxo Gago
Música de Breogán: Fillos dos Celtas

Hemeroteca/Fonte: https://portableproject2015.wordpress.com/2015/06/18/inauguracion-portable-e-obradoiros-artisticos-no-castelo-de-santa-cruz-oleiros/

Inauguración Portable e obradoiros artísticos no Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

CartelProgramaArteMar2 (1)
O dia 3 de xullo inauguramos a exposición Port-able no Castelo de Santa Cruz
ACTIVIDADES NO CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)
  • Exposición Port-Able
  • Obradoiros Arte e Medio Ambiente. 
    Venres 3 xullo: Obradoiro de monotipia a partir da natureza
     
    Sábado 4 xullo – A maxia do lixo
    A – Domingo 5 xullo – Obradoiro de debuxo axul e branco

  • Avante na Defensa da Pesca Responsable e Artesanal
    Encontro artístico reivindicativo da pesca artesanal responsable coa participación de diferentes artistas plásticos e visuais, poetas e músicos creando en directo durante a xornada.
    Horario: 12 – 20 h.


Propoño este video, unha peza pertencente a "ZËNZAR ao Vivo" editado no nadal do 2011 e grabado no ano 2009 en Cerceda, A Coruña. Zënzar leva en activo desde o ano 1988, sendo o grupo de rock en galego con máis historia. No 2012 editarán o que será o seu séptimo traballo sen contar maquetas, recompilatorios etc!!

Grandes Bocixa e Sés!
 E que temos moito talento na nosa terra! 
 Medre a Música Bravú! 



 
Orgullo da terra galega é ter a unha artista coma Sés. Denominada polo prensa coma a "Sabina" galega. Pero máis alá de denominacións, Sés, é unha gran artista do pais. Escribe letras revolucionarias, atrevidas, sociais, tocando moitos xéneros musicais. Ten unha excelente formación académica inda que o que máis irradia é humanidade, humildade e bo facer.

É a artista favorita da miña filla (e a miña), sábese todas as letras das cancións do último disco. A viu en directo no teatro Jofre de Ferrol. Encantounos aos dous. Abraiounos. Eu xa a coñecía dalgúns anos atrás ao asistir a algunhas actuacións súas nuns locais da zona do Orzán na Coruña. Debería ser a diva de Galicia e, tempo ao tempo. 

Sés, non ten nada que envexar a ningunha outra artista de renome, nin española nin estranxeira. Sés é nosa, é boísima, xenial. A pouco que vaia entrando, en máis e, máis, corazóns galegos, será recoñecida na nosa terra como a diva que merece ser. Como a escoite o Springsteen, seguro, seguro, que se namora dela. Paga a pena mercar os seus discos. Quedarán amortizados, co talento de Sés e os seus músicos, dende a primeira ata a derradeira nota. Déixovos con este xenial tema patriótico galego titulado Tempestades de Sal. A gozalo:



Organizado polo Arquivo da Pesca e a asociación Adisma en colaboración co Concello da Laracha e a Confraría de Pescadores de Caión. O percorrido partiu do museo do baixo do pósito e percorreu diferentes emprazamentos da vila, onde se realizaron paradas para ler os textos literarios, poemas, relatos e moita música galega.



Música by Luar Na Lubre, "O Son do Ar". 

Fotos e Video by Xurxo Gago Chao 




Video recén estreado dos Diplomáticos de Montealto cunha nova canción coa letra do poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao Mar": Grandes! Moi grandes! Facendo país!




Colectivo In Nave Civitas Lugrís, I Marcha das Buguinas. Roteiro pola Toponimia das pedras da Torre de Hércules. Na cidade barco, A Coruña.

Fotos e video de Xurxo Gago.

Medre o Mar!




No Museo de Belas Artes da Coruña pódese ver  o mural "Visión da Coruña, 1830"; unha obra que Lugrís pintou na parede da casa dun familiar en Madrid e que agora volta  á Coruña. Trala benvida ao mural coa oda A Arribada, composta especialmente para ocasión. Logo da Arribada interpretouse esta fermosa canción, o imno do Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís, toda unha homenaxa ao mesmo Urbano Lugrís e a cidade barco, A Coruña.

Medre o Mar!


Colectivo In Nave Civitas Lugrís no segundo roteiro ao pé da Torrre de Hércules, para coñecer as historias e os nomes das rochas da cidade barco.


Colectivo In Nave Cívitas Lugrís, no día Urbano Lugrís, unha cuchipanda lugrisiana:

"Menos derrotismo e máis surrealismo"

Medre o mar!





"Berro Mollado" de Pablo Outón. O sábado 22 de decembro no III Día Lugrís, formando parte do colectivo In Nave Civitas Lugrís nunha "cuchipanda lugrisiana". "Menos derrotismo e máis surrealismo. Os espíritos de Antón Avilés de Taramancos e Urbano Lugrís estiveron con eles toda a fermosa xornada vivida. Toda unha homenaxe Grafiteira e cantareira no centro dos pasadelos da cidade barco A Coruña.
inicio seguinte
Hai motivos … Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che anime o día, un desexo, un paseo ou un cantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea alegría, unha boa melodía, un verso ou un xantar. Unha boa razón fonda e sentida, algo que che pete, ¿que máis dá?, algo que che dea enerxía, lembrar, reflexionar ou meditar, algo que te axudaría inda con chagas a camiñar, algo da túa porfía, dicirlle a vida: - Éche o que hai! Poema de Xurxo M. Gago Chao
tintero

© XURXO M. GAGO CHAO

O Nemetum do Galaicum



logoweb